Hai cousas que están demasiado boas como para quedar cada unha no seu lado do Atlántico.
En Galicia sabemos ben o que é comer con carácter: produto, lume, tradición, sabor e unha mesa arredor da que sempre pasa algo. En México comparten esa mesma forma de entender a comida: intensa, popular, chea de cor, de picante, de mesturas e, sobre todo, esa habilidade para meter media vida dentro dun burrito.
Así que decidimos facer unha chingadeira.
A CHINGADEIRA nace para mesturar dous mundos que, pensándoo ben, tampouco estaban tan lonxe.
Burritos galego-mexicanos feitos con produto de aquí, espírito de alá e cero intención de respectar fronteiras gastronómicas.
Comida para coller coas mans. Para pedir na casa. Para levar. Para mancharse un pouco. E para repetir bastante.
Galicia por dentro. México por fóra. Ou ao revés.